Xogade - Xogos galegos deportivos en idade escolar
Programas deportivos
Usuario
Contrasinal

Para acceder aos Programas Deportivos debe estar rexistrado. Se xa está rexistrado, introduza o seu nome de usuario e o seu contrasinal e prema en enviar. Se todavía non o está, solicite o seu rexistro

[ (740) 628-3385 ]

CONDICIÓNS DE USO DO SEGURO DE XOGADE:

A ASEGURADORA NON ASUMIRÁ OS GASTOS POR UN USO ERRÓNEO DESTA PÓLIZA.

FARÁN A COMUNICACIÓN DE ACCIDENTE (VÍA WEB OU TELEFÓNICA) ANTES DE ACUDIR A UN CENTRO CONCERTADO, SALVO CASOS DE URXENCIA VITAL.

DEBEN PRESENTAR O CARNÉ DE XOGADE.

A ENTIDADE RESPONSABLE TEN QUE CONFIRMAR O PARTE DE ACCIDENTE.

>> PROTOCOLO DE ACTUACIÓN

>> PÓLIZA


Normativa xeral 2018-19


PROGRAMA XOGADE 2018-19

XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS en idade escolar 2018-19

A Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas, convoca o Programa XOGADE

ACTUACIÓNS


1. ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR - Máis información

Son os xogos deportivos en idade escolar da Comunidade Autónoma de Galicia con 16 Modalidades Deportivas.

2. ACTIVIDADE DEPORTIVA FEDERADA - Máis información

As federacións galegas no cumprimento das súas función de promoción das súas modalidades deportivas así como da organización de competicións oficiais autonómicas, establecidas no artigo 56, sección 3º, CAP II de entidades deportivas da Lei 3/2012 de 2 de abril, organizarán a competición deportiva federada en idade escolar, tendo sempre en conta a obriga de cumprimento establecida para estas entidades no convenio anual coa Secretaría Xeral para o Deporte.

3. COÑECE O MEU CLUB

Actividade ofertada a todos os Clubs Deportivos inscritos no rexistro de Clubs da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. XOGOS POPULARES

Préstamo de materiais de xogos populares e fichas explicativas para poder realizar esta actividade nos centros escolares.

5. PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

O Proxecto Deportivo de Centro – Centros Activos e Saudables busca coordinar todos os esforzos da comunidade educativa dentro e fóra do horario lectivo e dentro e fóra do centro escolar para aumentar a actividade física saudable dos nosos escolares dentro do Plan Galicia Saudable. Para isto ofrece distintas ferramentas no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

6. XOGANDO COA AUGA

Esta actividade nace para dar cabida a un conxunto de proxectos que se veñen desenvolvendo en diferentes puntos da nosa xeografía coa finalidade de acercar aos escolares galegos a un medio tan importante para a nosa Comunidade Autónoma como somo é a auga no medio natural.

7. SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 ANOS

A Xunta de Galicia proporciona un seguro deportivo gratuíto para todos os federados de 6 a 16 anos.

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na aplicación de Xogade, serán incluídos nunha base de datos para a xestión do programa e para o tratamento estatístico dos mesmos. O órgano responsable do ficheiro é a Secretaría Xeral para o Deporte. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderán exercerse ante a Secretaría Xeral para o Deporte a través dos Servizos Provinciais de Deportes mediante o envío dunha comunicación aos enderezos que figuran no apartado de contacto na lapela de inicio da aplicación.

A introdución dos datos na aplicación de Xogade leva implícito ter a autorización para incorporalos, que os mesmos son veraces e que autoriza á Secretaría Xeral para o Deporte á xestión dos mesmos tanto para a organización interna do programa como para o tratamento estatístico.

pechar
Actividade deportiva escolar No presente curso cada organizador elaborará os regulamentos para as distintas modalidades. Con esta medida preténdese favorecer a máxima adaptación á realidade e ás necesidades dos usuarios de cada zona. Esta normativa, que será aprobada polos Servizos Provinciais correspondentes, velará pola máxima participación en condicións de igualdade. O deporte escolar debe transmitir os valores de inclusión e convivencia primando o carácter participativo sobre o competitivo.
pechar
Unidades didácticas

Bádminton na escola
Bádminton na escola

Baile
Baile

Beisbol na escola
Beisbol na escola

Columbofilia
Columbofilia

Esgrima
Esgrima

Espeleoloxía
Espeleoloxía

Judo
Judo

Loita Olímpica
Loita Olímpica

Orientación
Orientación

Rugby
Rugby

Taekwondo
Taekwondo

Voleibol
Voleibol

Xadrez
Xadrez

Ximnasia
Ximnasia